lunes, 26 de mayo de 2008

Máis refráns

Quen planta ventos recolle tempestades.
Quen a boa árbore arrímase boa sombra acubíllalle.
Dime con quen andas e direiche quen es.
A muller do César non só ten que ser honrada, tamén ten que parecelo.
Todo o que sobe, baixa.
Logo de tanto tronar, tiña que chover.
Se queres vivir ao día, planta unha horta, se queres vivir un ano, planta árbores, e se queres vivir sempre, educa ao pobo.
Non me fai falta tempo para saber quen é.
Todos os homes son iguais mentres un non destaque do outro.
Nunca digas nada do que te poidas arrepentir.
En boca pechada non entran moscas nin nada.
Estuda máis un necesitado que un avogado.
Médicos vellos e avogados novos.
A experiencia é a nai da ciencia.
O demo sabe máis por vello que por demo.
Aquí átanse os cans con longanizas.
Cuspe ao aire que che caerá na cara.
Non é máis rico o que máis ten senón o que menos necesita.
A saúde é como a vergoña, cando se perde xa é moi difícil recuperala.
Namentras se capa, non se asubía.
Non se pode estar na procesión e máis no campanario.
Mans que non dades, que esperades?
A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis xeitosiña; mentres a grande da unha volta, a pequena, barre a cociña.
Toda a miña vida andei tras unha muller mediana; saiume unha trangalleira que non me colle na cama.
Home pequeno, fol de veneno.
Pao de punta non quebra nunca.


miércoles, 30 de abril de 2008

A tía Farruca (primeira parte)

Refráns e ditos populares recollidos polos nenos de sexto de primaria do colexio de Vilatuxe.

Curso escolar 2000-2001.

- Xaneiro, xeadeiro.

-Sol de xaneiro, non ten compañeiro.

-O quince de xaneiro, unha hora mais no quinteiro

-Polo san Vicente, perde o inverno un dente.

-Se queres ter bo alleiro, prantao en xaneiro.

-Cada día que pasa de xaneiro, perde un allo o alleiro.

-Se xaneiro ven verdeceiro, nin boa meda nin bo palleiro

-A berza de xaneiro, sabe a carneiro.

-Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove ou venta, aínda entra.

Que vente ou deixe de ventar, o inverno vai bo de pasar.

-En febreiro, por S. Matías, vai o entroido de porfías

-Se andas o sol en febreiro, ponte o sombreiro.

-Febreiriño curto cos seus vinteoito, se duraras mais catro, non quedaría can nin gato.

-En febreiro, xeada na eira e cañota na lareira.

-Marzo marzán: pola maña cariña de rosa e pola tarde, cara de can.

-Marzo enganador, un día malo e outro peor.

-Se marzo quenta, abril doenza.

-O sol de marzo, queima a dona no pazo.

-Se a pascua cadra en marzo, moita fame e moito mortazo.

-Se marzo acabou e o cuco non chegou, é que algo lle pasou.

-Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio frorido e fermoso.

-Na semana de Ramos, lava os teus panos

-En abril, augas mil.

-A auga de abril, enche o carro e o carril.

-Abril, se por mal quere vir, non deixa as portas abrir.

-Abril chuvioso, Maio pardo, e S. Xoán claro,valen mais cos teus bois e o teu carro.

-Que chova en abril e maio, aínda que non chova en todo o ano.

-No mes de maio, calquera vesta é cabalo

-Maio ventoso,para o labrador, fermoso; e, para o mariñeiro, desastroso

-Liño bo, liño malo, todo florece en maio

-En maio, aínda a vella queima o tallo.

-Cando maio recacha, aínda a vella queima a hacha.

-Ata o corenta de maio, non te quites o saio.

Vale mais queixo de nabo, ca catro de maio.

-Polo S. Xoán a sardiña molla o pan.

-Polo S. Xoán, sécalle a primeira raíz o pan; polo S. Pedro, sécalle a do medio.

-No mes de s. Xoán, esfarna o pan.

-No mes de S. Xoán, as dez na leira me dan.

-No mes de S. Xoán, colle a sacha na man.

-No mes do Santiago, é cando mais fago.

-Polo Santiago, fouciños ó agro.

-Se hai névoa o primeiro de agosto, nin bo nabo, nin bo magosto.

-En agosto secan os montes e, en setembro, as fontes.

-En setembro, come e vende, mais, non sexa tanto vender, que non deixes que comer.

-En outubro, polo Pilar, os nabos na terra e o viño, envasar.

-Novembro, dichoso mes; empeza con Santos e termina con S. Andrés

-En decembro, xéanse as canas e, ásanse as castañas.

-Con pan e viño, xa se anda o camiño.

-Cabalo grande, ande non ande.

-Hai quen busca pan, no cocho do can.

-Ten mais quen Deus axuda, ca quen moito madruga.

-O que se levanta tarde, nin oe misa, nin come carne.

-Quen non quere papas, dánlle sete tazas.

-Auga que non as beber, deixa correr.

-Nunca chove a gosto de todos.

-A can vello, non lle digas: ¡guau, guau!

-Fai ben, e non mires a quen.

-O home propón, e Deus dispón.

-Xente nova e leña verde, todo é fume.

-Auga corrente, non mata a xente.

-Quen ten un amigo, ten un tesouro.

-Non sirvas a quen sirveu, nin debas a quen debeu.

-A quen non ten, chámanlle un ninguén.

-O que con rapaces se deita, mollado se levanta.

-A can fraco, todas son pulgas.

-Quen mais che quere, farate chorar.

-O que a boa árbore se arrima, boa sombra o acobixa.

-Home pequeno, fol de veneno.

-Na terra da tía Farruca, o que non traballa, non manduca.

-Na terra do meu home, o que non traballa non come.

-Fillo fuches, pai serás; como as fixeras, as atoparás.

-Se deste mundo queres gozar, tes que oír, ver e calar.

-Do ceo para abaixo, cada un vive do seu traballo.

-A muller e a sardiña, canto mais pequeniña, mais sabrosiña.

-O amor e o xantar hanse de comer antes de enfriar.

-Dun amigo que non che empreste, fuxe del coma da peste.

-O que ten mal vestir, ata a roupa lle quere fuxir.

-Cabra que moito anda, pouco apaña.

-O amigo verdadeiro, podes deitalo no cedeiro.

-Se chove sábado á noite, e domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.

-Labrador sen horta, fame á porta.

-Chámame can, e dame pan.

-Vai a vella morrendo, e vai aprendendo.

-Can labrador, pouco mordedor.

-Na casa do ferreiro,coutelo de pao; e na do carpinteiro, séntanse no chao.

-Amor forasteiro, poco duradeiro.

-Non lembres a forca, na casa do aforcado.

-A boa muller, sen fama, nin boa nin mala.

-O comer e o rañar, todo é empezar.

-Cando o arrieiro vende a bota, ou sabe a pez, ou é que está rota.

-Asopra ferreiro, se queres gañar diñeiro.

-Corazón forte, ao seu dono leva a morte.

-A alforxa do pobre, con todo pode.

-Pao do coxo, pao do demo.

-Cando o río soa, auga leva.

-Non por moito madrugar, amañece mais cedo.

-Vísteme de vagar, que teño presa.

-O que ten tenda, que a atenda e senón, que a venda.

-Para caras honradas, non hai portas pechadas.

-Cada pobre, enterra a seu pai como pode.

-Ves un lixo no ollo alleo, e non ves unha viga no teu.

-Desconfía da amistade da persoa que, se te ve en perigo, te abandoa.

-Dura mais a ruín veciña, ca neve febreiriña

-Nunca te deitarás, sen aprender unha cousa mais.

-Van os rapaciños polo lugar, dicindo o que lle ven facer ós pais, tralo lar.

-Fun á casa do veciño e desespereime, volvín a miña, e arregleime.

-Labrego cazador, coello na cociña e fame no comedor.

-Se ves que che van a pedir o que non poidas negar, empeza por ofrecelo porque ao fin,vas ter que o dar.

-Señora María, señor Manuel; castañas asadas e viño tamén.

-Que chova que neve, quen ten sede bebe.

-Vaca de moitos, moi muxida e mal mantida.

-Home durmido, medio mantido.

-En tódalas casas se cocen fabas, e na miña, a calderadas.

-Meus peciños, meus pezás, se non fora por vós, comíanme os cas.

-A muller do coxo, ten o conto roxo; dalle coxo, dalle, non lle teñas noxo.

-O patrón botoume fóra e non foi por cousa boa; foi por molla-la pluma no tinteiro da señora.

-O patrón botoume fóra e non foi por cousa mala; foi por molla-la pluma no tinteiro da criada.

-Tecedira, tecedeira, que fixeches que enfiaches, que en marzo non branqueaches.

-O muiño a moer, os ratiños a comer; agarrei un polo rabo, e mandeino daquel lado; agarrei un polas orellas e mandeino ás casarellas.

-Cando chove e fai sol, van as meigas para Ferrol cun saquiño de alfinetes, picándolle-lo cú ás mulleres.

-Mozos que estades aí haber cal é o mais arrogante, o que se queira casar, que de un paso para diante.

-Moito chove, moito chove; moitas pingas, moitas pingas; moito teño que contar destas miñas veciñas.

-Non che se dea por saber o que noutra casa pasa; mira que che se dea porque na túa haxa pan na artesa e paz na casa.

-Vale mais o que o sol cría, que o que a auga deixa.

-Xeada na lama, auga na cama.

-Se polo S. Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.

-Se a noite do nadal foi de luar, labra ben para sementar.

-Se a noite do nadal fixo escuro, sementa no terrón duro.

-Despois da Peregriña, ven o inverno axiña.

-Polo S. Simón,proba o viño; e, o porco, polo S. Martiño.

-Polo S. Martiño, mata o teu porquiño.

-Polo S. Martiño, trompos ao camiño.

-Arco da vella ao anoitecer, bo tempo ao mencer.

-Cando a silva vota a flor, pon a canada ao sol.

-A folla, cando enxoita, molla.

-Cando a gaivota anda a gravisela, mal para nós e fame para ela.

-PoloS. Roque, nin merendiña nin merendoque.

-As navizas piden unto e, os grelos, lacón ao punto.

-Ano de nevadas, ano de fornadas.

-Pola S. Mariña, deixa a sacha e colle a fouciña.

-Para o centeo esfarnar, ten que o cabalo tremar.

-Cando vexas a rula arrolar, colle o cesto e vai sementar.

-Cos primeiros monllos de centeo, chega o cuco arreo.

-Se sementas raro e aras fondo, terás trigo dabondo.

-Vai á casa de túa tía e non vaias cada día.