Refráns e ditos populares recollidos polos nenos de sexto de primaria do colexio de Vilatuxe.
Curso escolar 2000-2001.
- Xaneiro, xeadeiro.
-Sol de xaneiro, non ten compañeiro.
-O quince de xaneiro, unha hora mais no quinteiro
-Polo san Vicente, perde o inverno un dente.
-Se queres ter bo alleiro, prantao en xaneiro.
-Cada día que pasa de xaneiro, perde un allo o alleiro.
-Se xaneiro ven verdeceiro, nin boa meda nin bo palleiro
-A berza de xaneiro, sabe a carneiro.
-Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove ou venta, aínda entra.
Que vente ou deixe de ventar, o inverno vai bo de pasar.
-En febreiro, por S. Matías, vai o entroido de porfías
-Se andas o sol en febreiro, ponte o sombreiro.
-Febreiriño curto cos seus vinteoito, se duraras mais catro, non quedaría can nin gato.
-En febreiro, xeada na eira e cañota na lareira.
-Marzo marzán: pola maña cariña de rosa e pola tarde, cara de can.
-Marzo enganador, un día malo e outro peor.
-Se marzo quenta, abril doenza.
-O sol de marzo, queima a dona no pazo.
-Se a pascua cadra en marzo, moita fame e moito mortazo.
-Se marzo acabou e o cuco non chegou, é que algo lle pasou.
-Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio frorido e fermoso.
-Na semana de Ramos, lava os teus panos
-En abril, augas mil.
-A auga de abril, enche o carro e o carril.
-Abril, se por mal quere vir, non deixa as portas abrir.
-Abril chuvioso, Maio pardo, e S. Xoán claro,valen mais cos teus bois e o teu carro.
-Que chova en abril e maio, aínda que non chova en todo o ano.
-No mes de maio, calquera vesta é cabalo
-Maio ventoso,para o labrador, fermoso; e, para o mariñeiro, desastroso
-Liño bo, liño malo, todo florece en maio
-En maio, aínda a vella queima o tallo.
-Cando maio recacha, aínda a vella queima a hacha.
-Ata o corenta de maio, non te quites o saio.
Vale mais queixo de nabo, ca catro de maio.
-Polo S. Xoán a sardiña molla o pan.
-Polo S. Xoán, sécalle a primeira raíz o pan; polo S. Pedro, sécalle a do medio.
-No mes de s. Xoán, esfarna o pan.
-No mes de S. Xoán, as dez na leira me dan.
-No mes de S. Xoán, colle a sacha na man.
-No mes do Santiago, é cando mais fago.
-Polo Santiago, fouciños ó agro.
-Se hai névoa o primeiro de agosto, nin bo nabo, nin bo magosto.
-En agosto secan os montes e, en setembro, as fontes.
-En setembro, come e vende, mais, non sexa tanto vender, que non deixes que comer.
-En outubro, polo Pilar, os nabos na terra e o viño, envasar.
-Novembro, dichoso mes; empeza con Santos e termina con S. Andrés
-En decembro, xéanse as canas e, ásanse as castañas.
-Con pan e viño, xa se anda o camiño.
-Cabalo grande, ande non ande.
-Hai quen busca pan, no cocho do can.
-Ten mais quen Deus axuda, ca quen moito madruga.
-O que se levanta tarde, nin oe misa, nin come carne.
-Quen non quere papas, dánlle sete tazas.
-Auga que non as beber, deixa correr.
-Nunca chove a gosto de todos.
-A can vello, non lle digas: ¡guau, guau!
-Fai ben, e non mires a quen.
-O home propón, e Deus dispón.
-Xente nova e leña verde, todo é fume.
-Auga corrente, non mata a xente.
-Quen ten un amigo, ten un tesouro.
-Non sirvas a quen sirveu, nin debas a quen debeu.
-A quen non ten, chámanlle un ninguén.
-O que con rapaces se deita, mollado se levanta.
-A can fraco, todas son pulgas.
-Quen mais che quere, farate chorar.
-O que a boa árbore se arrima, boa sombra o acobixa.
-Home pequeno, fol de veneno.
-Na terra da tía Farruca, o que non traballa, non manduca.
-Na terra do meu home, o que non traballa non come.
-Fillo fuches, pai serás; como as fixeras, as atoparás.
-Se deste mundo queres gozar, tes que oír, ver e calar.
-Do ceo para abaixo, cada un vive do seu traballo.
-A muller e a sardiña, canto mais pequeniña, mais sabrosiña.
-O amor e o xantar hanse de comer antes de enfriar.
-Dun amigo que non che empreste, fuxe del coma da peste.
-O que ten mal vestir, ata a roupa lle quere fuxir.
-Cabra que moito anda, pouco apaña.
-O amigo verdadeiro, podes deitalo no cedeiro.
-Se chove sábado á noite, e domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.
-Labrador sen horta, fame á porta.
-Chámame can, e dame pan.
-Vai a vella morrendo, e vai aprendendo.
-Can labrador, pouco mordedor.
-Na casa do ferreiro,coutelo de pao; e na do carpinteiro, séntanse no chao.
-Amor forasteiro, poco duradeiro.
-Non lembres a forca, na casa do aforcado.
-A boa muller, sen fama, nin boa nin mala.
-O comer e o rañar, todo é empezar.
-Cando o arrieiro vende a bota, ou sabe a pez, ou é que está rota.
-Asopra ferreiro, se queres gañar diñeiro.
-Corazón forte, ao seu dono leva a morte.
-A alforxa do pobre, con todo pode.
-Pao do coxo, pao do demo.
-Cando o río soa, auga leva.
-Non por moito madrugar, amañece mais cedo.
-Vísteme de vagar, que teño presa.
-O que ten tenda, que a atenda e senón, que a venda.
-Para caras honradas, non hai portas pechadas.
-Cada pobre, enterra a seu pai como pode.
-Ves un lixo no ollo alleo, e non ves unha viga no teu.
-Desconfía da amistade da persoa que, se te ve en perigo, te abandoa.
-Dura mais a ruín veciña, ca neve febreiriña
-Nunca te deitarás, sen aprender unha cousa mais.
-Van os rapaciños polo lugar, dicindo o que lle ven facer ós pais, tralo lar.
-Fun á casa do veciño e desespereime, volvín a miña, e arregleime.
-Labrego cazador, coello na cociña e fame no comedor.
-Se ves que che van a pedir o que non poidas negar, empeza por ofrecelo porque ao fin,vas ter que o dar.
-Señora María, señor Manuel; castañas asadas e viño tamén.
-Que chova que neve, quen ten sede bebe.
-Vaca de moitos, moi muxida e mal mantida.
-Home durmido, medio mantido.
-En tódalas casas se cocen fabas, e na miña, a calderadas.
-Meus peciños, meus pezás, se non fora por vós, comíanme os cas.
-A muller do coxo, ten o conto roxo; dalle coxo, dalle, non lle teñas noxo.
-O patrón botoume fóra e non foi por cousa boa; foi por molla-la pluma no tinteiro da señora.
-O patrón botoume fóra e non foi por cousa mala; foi por molla-la pluma no tinteiro da criada.
-Tecedira, tecedeira, que fixeches que enfiaches, que en marzo non branqueaches.
-O muiño a moer, os ratiños a comer; agarrei un polo rabo, e mandeino daquel lado; agarrei un polas orellas e mandeino ás casarellas.
-Cando chove e fai sol, van as meigas para Ferrol cun saquiño de alfinetes, picándolle-lo cú ás mulleres.
-Mozos que estades aí haber cal é o mais arrogante, o que se queira casar, que de un paso para diante.
-Moito chove, moito chove; moitas pingas, moitas pingas; moito teño que contar destas miñas veciñas.
-Non che se dea por saber o que noutra casa pasa; mira que che se dea porque na túa haxa pan na artesa e paz na casa.
-Vale mais o que o sol cría, que o que a auga deixa.
-Xeada na lama, auga na cama.
-Se polo S. Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
-Se a noite do nadal foi de luar, labra ben para sementar.
-Se a noite do nadal fixo escuro, sementa no terrón duro.
-Despois da Peregriña, ven o inverno axiña.
-Polo S. Simón,proba o viño; e, o porco, polo S. Martiño.
-Polo S. Martiño, mata o teu porquiño.
-Polo S. Martiño, trompos ao camiño.
-Arco da vella ao anoitecer, bo tempo ao mencer.
-Cando a silva vota a flor, pon a canada ao sol.
-A folla, cando enxoita, molla.
-Cando a gaivota anda a gravisela, mal para nós e fame para ela.
-PoloS. Roque, nin merendiña nin merendoque.
-As navizas piden unto e, os grelos, lacón ao punto.
-Ano de nevadas, ano de fornadas.
-Pola S. Mariña, deixa a sacha e colle a fouciña.
-Para o centeo esfarnar, ten que o cabalo tremar.
-Cando vexas a rula arrolar, colle o cesto e vai sementar.
-Cos primeiros monllos de centeo, chega o cuco arreo.
-Se sementas raro e aras fondo, terás trigo dabondo.
-Vai á casa de túa tía e non vaias cada día.